Esta fimde rematamos (undécima)...até loguinho!!

Pois si, pois si. Chegou o gran día, as xornadas chegan o seu fin...por agora,
claro! Pechámola programación este 28 de novembro tras once semanas de traballo onde
perdemos neuronas e deixamos reflexo de que por sorte a cultura livre segue en boa
forma e continúa medrando.
Así que para rematar, este SÁBADO 28 DE NOVEMBRO, ás 23:30 HORAS na SALA A FARÁNDULA
(Churruca, Vigo) e por 5 EUROS para a aoxestión das xornadas, témolo pracer de
presentar en concerto:

BLACK PANDA (Hardcore Punk Rock / A Coruña)
HONGO(Metal Mugre / A Coruña)
WE RIDE (Hardcore Punk / Vigo)

E coma sempre... acudide e difundide!Apoia as xornadas!

Décima semana: deslocalizaçom parcial!!

Caminhando, caminhando, tecendo, tecendo, construíndo,construíndo...chegamos á décima semana das jornadas.

Começamos o venres 20 ás 20:00 h com a palestra de R.Brenlla e L.Rodríguez sobre "Licencias livres e propiedade intelectual" no CS Atreu (A Corunha).

Em Vigo, retransmitirémola em directo, graças ao streaming das compas de olholivre, no CSA A Cova dos Ratos :-)

Depois, ás 23:00 no Farándula teremos em concerto a IGMIG (electropunk), concertaço vido de alg-a. Serám 3 € para a autogestom das jornadas.

...E o sábado começo do concurso de videocriaçons com o talher de operadora de cámara ás 18:00 h em Xogo Descuberto (Coia).

Contamos com a vossa asistencia! Difundide, infectádevos! ;-)

Novena semana

Xoves 12:
Actuación do Breo no CSA Xogo Descuberto, ás 20:30 horas e de balde. O Guindastre volvenos ceder a este elemento en exclusiva para o desfrute de tódolXs coianXs. Despois do concerto haberá cea, desta vez o noso chef preparará Ratatouille para Xs que se anoten. Coma sempre, 5 euros con pan e unha consumición. Podedesvos anotar antes do xoves ás 19:00 horas en xogodescuberto@hotmail.com ou no propio local.

Venres 13:
O venres está de noraboa outro músico do barrio, xa que Pow presenta o seu disco Ciudadano X na Sala A Farándula. Será ás 23:30 horas, e a entrada 5 euros con CD.

Sábado 14:
E por último, o día grande, de novo no local de Xogo Descuberto, onde celebraremos o magosto deste ano pero cunha programación especial para estas xornadas:
Contaremos cuns dos mellores artistas de rúa da nosa cidade; Pelucas, Tayone, Check... que ampliarán a súa obra na praza do noso centro social.
Haberá actividades para os mái cativos e cativas.
Virá Garci a rapear, e contaremos cun obradoiro de Beat-box a cargo de Gende.
Para rematar, haberá un magosto-festa con castañas e foliada! Non hai escusas, vemonos alí!

Oitava semana

Venres 06 novembro como sempre na sala Farándula (Churruca, Vigo)ás 23:30...concerto:

Siervos de Nadie (Vigo)
Trashbaile (Porto)
Glass (Vigo)

Desta vez a entrada son 3 euros para seguir autoxestionando as xornadas.

E o sábado 07 ás 20:00 noCSA O Guindastre (Julián Estévez, Teis): palestra participativa com Renderen (colectivo editorial) e algúns grupos que tenhem intervido no monográfico "A Civilización Enferma".

Syndicate content